Datas e entradas

[aineventos espectaculo=»bibopalula-espectaculo» formato=»taboa» periodo=»futuro»]

Sinopse

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como ‘O Terremoto’, ‘As Estrelas’ ou ‘A Poza’, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

Duración: 50 minutos

Fotos

Equipo

  • Texto e dirección
    Marta Lado
  • Elenco
    Lidia Veiga
    Cristina Andrade
    Graciela Carlos
    Sara Ferro
    Nerea Rodríguez
  • Voces
    Marita Martínez
    Iria Lamas
    Marta Lado
    Laura Mahía
  • Músicas
    Santi Jul
    Iván Laxe
  • Produción executiva
    Álvaro Pérez Becerra
    Andrés Mahía
    Xosé A. Touriñán
    Javi Lopa
  • Dirección de produción
    Elisa Martínez
  • Axudante de produción
    Pablo Goirigolzarri
  • Produción en xira
    Miguel Vázquez
    Alba Gilda
  • Iluminación
    Gonzalo Porteiro
  • Vestiario
    Martina Cambeiro
  • Dirección de arte
    Laura Mahía
  • Escenografía
    Banale
  • Fotografía
    Aigi Boga
  • Vídeo
    Einibó
  • Web
    Pilar Mera
  • Equipo Ainé
    Laura Canto
    Icía López
    Iago Fernández
  • Agradecementos
    Juan Sambad
    Mástil
    Imprenta Vazmar
    Metronoventa
    Lucía Rodríguez

Só unha pregunta...
Como te enteraches do espectáculo?